Servizos de traductor xurado

Ofrecemos os servizos de tradutor xurado de inglés, alemán, francés, italiano, portugués, castelán, galego, catalán, euskera…

traductor jurado trabajando

Somos tradutores xurados. Un tradutor xurado é aquel que acreditado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación ou a Xunta de Galicia se encarga de acreditar a fidelidade do contido dun documento en cuestión.

Podes ver información moito máis extensa na wikipedia.

Para qué tipo de documentos preciso unha tradución xurada?

O certo é que a cantidade de documentos para os que se podería precisar unha tradución xurada e, por ende, os servizos dun tradutor xurado é igual á cantidade de documentos que calquera persoa pode precisar ao longo da súa vida. Así, dependendo das necesidades específicas de cada momento, poderíamos precisar calquera tipo de documento. Pouco a pouco iremos profundizando, mais vexamos uns exemplos para termos unha pequena idea:

reunión de traductores jurados

Tradución xurada de documentos corporativos

Documentos empresariais

Tradución xurada de escrituras, balances, memorias, informes de auditorías, memorandos, contratos… todo tipo de documentos financieiros, legais e corporativos.

 
documento jurídico para traductor jurado

Tradución xurada de documentos xurídicos

Documentos oficiais

Tradución xurada de testamentos, actas, documentos de rexistro civil.

Documentos notariais

Tradución xurada de escrituras de constitución, estatutos, poderes, acordos, pactos.

Documentos de natureza procesal

Tradución xurada de sentencias, autos xudiciais, laudos, demandas, informes periciais.

Documentos empresariais

Tradución de contas anuais, informes, contratos, acordos.

alumna disfrutando de los servicios de un traductor jurado

Tradución xurada de documentos académicos

Expedientes académicos

Tradución xurada de notas de ESO, bachalerato, expediente académico universitario.

Diplomas e títulos universitarios

Tradución xurada de títulos de formación profesional, licenciatura, grao, máster, posgrao, doutoramento, título provisional.

Certificados e acreditacións

Tradución xurada de certificado de prácticas, acreditación profesional, carta de movilidade.

Traballos e publicacións

Tradución de traballo fin de grao, fin de máster, estudos, publicacións, teses, artigos ou proxectos.

.

traducción oficial de documentos médicos

Tradución xurada de documentos médicos

Certificados médicos

Análisis, probas médicas, recoñecementos médicos, informes, certificados de defunción, informes de autopsia…

Documentación médica

Prospectos, manuais, fichas técnicas, protocolos de ansaios clínicos, artículos científicos especializados, información ao dente…

documentos oficiales sobre mapa

Tradución xurada de documentos administrativos

Documentos oficiais

Partidas de nacemento, defunción, matrimonio, certificado de estado civil, antecedentes penais, padrón, historia laboral…

Carnés e permisos

Tradución xurada de pasaporte, DNI, NIF, CIF, permiso de conducir…

Precisas os servizos dun tradutor xurado?

Enviámosche un orzamento sen compromiso

Contáctanos para recibir un orzamento: valoramos o documento e confirmámosche prezo e prazo de entrega hoxe mesmo.

Envíos gratuitos e telemáticos

Facemos a tradución xurada e enviámoscha gratis a onde ti queiras. Xa temos dispoñíbel tamén a tradución xurada telemática para enviarche en formato dixital.

Cando se precisa un tradutor xurado?

Hai dous casos principais:

Cando te mudas a un país estranxeiro é pobábel que os teus documentos oficiais de España redactados en castelán, galego, euskera ou catalán precisen ser traducidos de maneira oficial á lingua do país destino por un tradutor xurado e acreditado para esas linguas.

Cando chegas a España procedente dun país estranxeiro e tes documentos oficiais redactados en linguas diferentes ao castelán, galego, euskera ou catalán; precisarás a súa tradución xurada.

Tradutor xurado de documentos corporativos

reunión de traductores jurados

Xa sabemos que para levar a cabo a tradución xurada ou xuramentada de documentos corporativos é preciso un tradutor acreditado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación ou ben os gobernos galego, vasco ou catalán; figura coñecida como tradutor xurado ou tradutor xuramentado.

Tipos de documentos

Tamén é interesante saber que tipo de documentos empresariais necesitarán ser traducidos por un tradutor oficial. 

Neste caso falamos de todo tipo de documentos: financieiros, legais e corporativos; como poderían ser escrituras, balances de contas, informes de auditorías ou contratos. 

A tradución xuramentada deste tipo de documentos é cada vez máis demandada, especialmente por empresas que se adican ao comercio internacional (exportación e importación de produtos ou servizos). 

Exemplo de caso de necesidade dun tradutor xuramentado de documentación corporativa

Cristina é a responsábel de compras dunha empresa de Galicia que se adica á produción de lácteos. 

A súa empresa está a medrar nos últimos tempos e están comenzando a exportar a diferentes países, entre eles Alemaña e Francia, e déronse conta de que a efectos legais cada vez que lles envían un contrato redactado en alemán ou francés, precisan os servizos dun tradutor xurado que traduza, asine e sele estes documentos. 

Cando nos contactou, Cristina comentounos que non lles resultara sinxelo encontrar un tradutor xuramentado de alemán en Galicia e que estaban felices de ter encontrado por fin unha solución para cubir as súas necesidades de tradución. 

Agora, toda vez que precisan una tradución xuramentada de documentos corporativos de calquera tipo, xa saben que teñen unha solución rápida e adaptada aos seus prazos e ás súas necesidades. 

Precisas os servizos dun tradutor xurado?

Tradutor xurado de documentos xurídicos

No que se refire a documentos xurídicos, o tradutor xurado adoita atender diferentes tipos de encomendas.

Vexamos algúns exemplos:

Documentos oficiais

testamentos, actas, documentos del rexistro civil…

Documentos notariais

estatutos, poderes, escrituras…

Documentos de natureza procesal

sentencias, autos xudiciais, informes periciais, demandas…

Documentos empresariais

contratos, informes, contas anuais…

documentos jurídicos para un traductor jurado

Para realizar a tradución xurada de documentos xurídicos é preciso un tradutor acreditado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación ou ben habilitado pola Xunta de Galicia ou os gobernos vasco ou catalán. Esta figura é coñecida como tradutor xurado ou tradutor xuramentado, e será a persoa encargada de acreditar a fidelidade do contido do documento en cuestión.

Exemplo de caso de necesidade de un tradutor xurado de documentación xurídica

O avó de Daniel faleceu e aínda que o certo é que non tiña moita relación, Nuno sempre lle tivera un agarimo especial ao seu neto.

Daniel é de Pontevedra mais Nuno era portugués.

Ao falecer apareceu o testamento de Nuno, que quixo deixar ao Daniel algunhas cousas que xuntadra ao longo dunha dilatada vida de traballo.

Ao falar Daniel co seu avogado soubo que precisaba dunha tradución xurada do testamento para poder iniciar os trámites en España. Así que, vendo que necesitaba os servizos dun tradutor xuramentado de portugués en Galicia púxose en contacto coa equipa de traducionxurada.com e nós pudimos facilitarlle a súa traducción debidamente asinada e selada, que pola premura entregamos telematicamente vía correo electrónico e enviamos despois os orixinais por correo postal.

Precisas os servizos dun tradutor xurado?

Tradutor xurado de documentos académicos

alumna disfrutando de los servicios de un traductor jurado

Contrátannos cada vez máis para realizar a tradución xurada de documentos académicos.

Nunha realidade académica cada vez máis internacional onde estudantes realizan parte dos seus estudos no estranxeiro está claro o necesario que é o labor do tradutor xuramentado.

Expedientes académicos, diplomas ou títulos universitarios, certificacións, traballos de fin de grao, másteres e tamén doutoramentos están, cada vez máis, á orde do día.

Exemplo dun caso de necesidade dun traductor xuramentado de documentación académica

Fai un par de semanas recibimos unha chamada urxente de Julia, que facía un ano que regresara de facer o seu máster nos EE.UU; estaba moi ilusionada até que precisou realizar un trámite urxente e lle dixeron que necesitaba unha tradución xurada do título do máster

O problema de Julia era que ela é de Madrid e se encontraba de vacacións en Galicia, máis concretamente en Santiago. 

“Como vou encontrar un tradutor xurado en Galicia?”, pensou. 

Neste caso Julia xa sabía que a tradución xurada é un documento que normalmente se necesita en formato físico, polo que ían terlle que entregar os documentos orixinais coa firma e selo oficial correspondiente, e iso só podía facelo un tradutor xuramentado. 

Imaxina estar nunha cidade que non é a túa, coa necesidade de solucionar un problema co que nunca antes lidiaras. Estaba desesperada. 

Por sorte, encontrounos facilmente, comentounos o seu caso e pudimos ofrecerlle unha solución eficaz, rápida y profesional. Adiantámoslle os documentos oficiais traducidos en PDF para que puidera axilizar os seus trámites e despois recibiunos na súa casa en Madrid por correo ordinario.

Precisas os servizos dun tradutor xurado?

Tradutor xurado de documentos médicos

En Galicia vivimos durante anos como unha comunidade emigrante, isto supón que moitos dos nosos maiores pasaron grande parte das súas vidas no estranxeiro.

Hoxe en día encontrámosnos con que moitos precisan traer os seus historiais médicos, informes e infinidade de certificados e documentación médica.

Para iso está tamén a figura do tradutor xurado, que se encarga de acreditar a veracidade deste tipo de documentos.

médico enviando sus documentos al traductor jurado

Exemplo dun caso de necesidade de un tradutor xurado de documentación médica

Antonio vive na Coruña. Decidiu vir de volta a Galicia fai uns meses, despois de sete anos vivindo en Bristol. É evidente que xa tiña toda a súa vida montada alí; polo que ao regresar tocoulle facer un montón de papeleo.

Ultimamente vén tendo unha serie de problemas médicos, que lle controlou o seu médico e que agora, ao regresar, seguirá controlando o seu médico de aquí, mais para facer o traslado de expediente requeríronlle os servizos dun tradutor xurado para os informes médicos e tamén a tradución xurada das receitas da súa medicación.

Así que Antonio tivo que localizar un tradutor xuramentado de inglés na Coruña e aí foi onde aparecimos nós para lle ofrecer unha solución rápida e profesional.

Precisas os servizos dun tradutor xurado?

Tradutor xurado de documentos administrativos

Traducción pasaporte

Dentro do grupo de documentos administrativos que poden requerir os servizos dun tradutor xuramentado podemos encontrar os siguientes:

Documentos oficiais

partidas de nacemiento, defunción ou matrimonio, certificados de antecedentes penais…

Carnés e permisos

pasaporte, DNI, NIF, CIF, permiso de conducir.

Exemplo dun caso de necesidade dun tradutor xurado de documentación administrativa

Fabio es Italiano e leva 10 anos vivindo en Vigo. Chegou a Galicia para estudar, coñeceu a Rebeca, empezou a traballar e sigue aquí feliz.

Levaba un tempo falando con Rebeca da posibilidade de solicitar a nacionalidade española e agora que están esperando o seu primeiro bebé, parece que non pode haber mellor momento.

Cando se foi informar, dixéronlle que precisa a tradución xurada do seu certificado de nacemento e tamén unha tradución xurada do certificado de antecedentes penais do seu país de orixe, e que para iso necesita os servizos dun tradutor xurado de italiano.

Por sorte, xa precisara a traducción xurada doutros documentos oficiais anteriormente; púxose en contacto con nós e rapidamente obtivo as traducións para iniciar os trámites.

Solicita agora os nosos servizos de tradutor xurado

Orzamento sen compromiso

Contáctanos para recibir un orzamento: valoramos o documento e confirmámosche prezo e prazo de entrega hoxe mesmo.

Envío gratuito

Facemos a tradución xurada e enviámoscha gratis a onde ti queiras.


Actualidade de tradución xurada